Ciencia na Rúa

Ciencia na Rúa

O pasado sábado 10 de maio celebrouse no Parque de Santa Margarida (A Coruña) o XIX Día da Ciencia na Rúa. Colaborando coa Universidade de A Coruña estivo O Canto da Balea, empresa dedicada á defensa da pesca artesanal sostible, e que nesta ocasión deron a coñecer ao público distintas etiquetas ecolóxicas e de pesca sostible, entre as que estaba pescadeRías.