Chega o noso Sorteo con Sabor a Mar
08/09/2025
Desde pescadeRías, de onde se non? queremos agradecer aos nosos seguidores e seguidoras o seu apoio á pesca artesanal galega.
E para iso sorteamos dous lotes -un en Facebook e o outro en Instagram- con agasallos exclusivos da marca pescadeRías de onde se non? e da campaña Galicia sabe Amar que che farán levar o espírito do mar alí onde vaias.
O pack inclúe:
Cunca, mandil, paraugas plegable, calcetíns, bolsa de alimentos, táboa de cociña, libro de receitas con conservas, báscula de cociña, paleta de cociña, fiambreira e pano de cociña.
Como participar?
- Segue a nosa páxina.
- Dálle Gústame á publicación principal do sorteo.
- Comenta cal é o teu agasallo favorito do lote que sorteamos.
- Segue a nosa páxina.
- Dálle Gústame á publicación principal do sorteo.
- Comenta etiquetando a esa persoa coa que compartirías mar, peixe e alegría!
Podes participar ata o 16 de setembro ás 23:59 horas.
Sorteo válido para territorio español (Excepto Canarias e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla).
Consulta as bases do sorteo en Facebook aquí.
Consulta as bases do sorteo en Instagram aquí.