Certificacións
01/04/2026
No mes de marzo realizáronse auditorías de seguimento e recertificación a varias entidades certificadas pola marca.
En canto ás auditorías de seguimento, tiveron lugar en Conservas Portomar S.L., como empresa transformadora de bivalvos, equinodermos e peixe; e en Orixe da Ría S.L., como centro de expedición e empresa distribuidora de peixe, cefalópodos, crustáceos, equinodermos e bivalvos.
Pola súa banda, completaron o proceso de recertificación a Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal, no ámbito da primeira venda de bivalvos, crustáceos, cefalópodos e peixes, e Fish Factory S.L., como empresa distribuidora de bivalvos e peixe.