Certificacións

pescadeRias

No mes de xaneiro realizáronse as auditorías de seguimento de dúas entidades certificadas pola marca pescadeRías de onde se non?: a Confraría da Guarda e Mar do Morrazo Sociedade Cooperativa Galega.

No caso da Confraría da Guarda, o alcance da certificación corresponde á primeira venda en lonxa e inclúe cefalópodos, crustáceos, equinodermos e peixes. Esta entidade mantén a certificación desde o ano 2013.

Pola súa banda, Mar do Morrazo Sociedade Cooperativa Galega conta coa certificación desde 2008 como vendeduría, co alcance actual en cefalópodos, crustáceos e peixes.

Ademais levouse a cabo a auditoría de ampliación de alcance a algas, antozoos, crustáceos e equinodermos da Confraría de Aldán-Hío, que se uniu á marca no 2016 e xa estaba certificada para bivalvos, cefalópodos, gasterópodos e peixes.