Campañas promocionais
24/04/2014
Campaña promocional pescadeRías en Froiz
Os supermercados galegos Froiz realizaron unha campaña promocional pescadeRías coincidindo coas vacacións de Semana Santa. A promoción que estivo nos 178 establecementos que Froiz ten en España e Portugal puxo a disposición dos seus clientes ameixa babosa e vieira certificadas do 10 ao 19 de abril.
Campaña promocional pescadeRías en Carrefour
Carrefour introduce nas súas tendas en Galicia produtos coa certificación pescadeRías. Dende mediados de abril, puxéronse á venda ameixas, polbo e vieira conxelados pescadeRías.