Campaña en Carrefour
06/07/2014

Continuando co seu compromiso cos produtos galegos de calidade diferenciada e en plena campaña publicitaria da marca, Carrefour lanza unha nova campaña promocional de produtos con certificación pescadeRías. Será do 30 de xuño ao 6 de xullo. De forma habitual, pódese encontrar nos seus lineais polbo da marca Canosa, vieira de Porto de Cambados, e ameixas e berberechos de Mares de Galicia.