Campaña de promoción pescadeRías en Prazas de Abastos
15/09/2015
En colaboración coas prazas de abastos de Bueu, Portonovo, Sanxenxo, Santiago de Compostela, A Estrada, Cambados, Cee, e Carballo, a marca de calidade "pescadeRías, de onde se non?" realizará unha campaña para fomentar o consumo de pescado e marisco fresco certificado. Todos os compradores maiores de 18 anos poderán participar no sorteo de lotes de pescado fresco e outros agasallos. Ao mercar pescado procedente da pesca artesanal coa certificación pescadeRías nestas prazas, entregaráseche unha papeleta que depositarás nas urnas situadas nesos mercados. A campaña comeza o 22 de setembro e rematará o 2 ou 3 de outubro, dependendo da praza. Podes consultar as bases nas prazas de abastos participantes.