Campaña Centola

Campaña Centola

Onte comezou a campaña extractiva da centola (Maja brachydactyla) e do boi (Cancer pagurus) nas provincias de Pontevedra e A Coruña, nas áreas que van desde A Guarda ata o cabo de Estaca de Bares. No caso da costa que vai de cabo Estaca de Bares ata o río Eo, na provincia de Lugo, a veda continuará ata o día 29 de novembro, incluído.

A extracción destes crustáceos prolongarase ata a data de inicio da veda do ano 2021 que se fixará mediante o correspondente plan de xestión.

A cota máxima de captura é de 35 kg por barco e día, á cal se lle engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo.