Campaña Byebye plástico

Campaña Byebye plástico

Baixo o lema “Bye, bye plástico. Non é por ti, é por nós” e protagonizada por nenos e nenas, a campaña busca fomentar a participación da poboación e transmitir consellos prácticos arredor da importancia de reducir, reutilizar e reciclar os plásticos.

A Xunta de Galicia está levando a cabo a campaña “Bye, bye plástico” co obxectivo de concienciar á sociedade na loita contra os residuos plásticos no mar. Nos últimos 10 anos se produciu en todo o mundo máis plástico que en toda a historia da humanidade e nove millóns de toneladas de residuos plásticos, dos que un 80% proceden de terra, acaban cada ano nos océanos do planeta.

Preme aquí para ver o vídeo.