Boletín de novas de xullo
09/07/2025
Xa está dispoñible o boletín de xullo de pescadeRías de onde se non?, publicado hoxe coa actualidade máis destacada da pesca artesanal galega.
Nesta edición recóllense as actividades de difusión realizadas durante o mes, como showcookings, catas, visitas formativas e participación en eventos como o Galicia Market Place ou o Festival de Cine do Mar. Tamén se informa das auditorías ás entidades certificadas, da aprobación da nova norma técnica de conservas artesás e das festas gastronómicas da Vieira e do Percebe.
Como sempre, inclúe a receita do mes e unha nova entrega da sección Tripulación pescadeRías.
Consulta o boletín aquí, e subscríbete nesta ligazón para recibilo no teu correo electrónico cada mes.