Atlas da frota de baixura do litoral de Galicia 2000-2018

Atlas da frota de baixura do litoral de Galicia 2000-2018

O Atlas da frota de baixura do litoral de Galicia 2000-2018 elaborado pola Xunta de Galicia xa está disponible na web de pescadegalicia. O Atlas fai unha radiografía da frota de artes menores de Galicia coas 20 modalidades de pesca máis importantes e a súa evolución, así como as súas principais especies obxectivo (entre as que se atopan o polbo, a centola, a nécora, a sardiña, o xurelo, a pescada ou a vieira), a súa presenza nas distintas zonas do litoral de Galicia e a evolución das súas capturas.

O documento é o resultado do traballo realizado desde 1999 pola Unidade Técnica de Pesca de Baixura mediante o embarque de observadores nos barcos pesqueiros e a análise dos datos obtidos nunha media de 3.000 lances ao ano.

O atlas actualizarase de xeito constante nos vindeiros anos para incluír os datos obtidos desde 2018 ata a actualidade e os que se acaden no futuro.

Preme aquí para descargar o documento completo