Aperturas e peches en abril

PescadeRías

O 31 de marzo, finalizou o período autorizado para a captura do lumbrigante en Galicia, que será permitida de novo o 1 de xullo. Tamén nesta data, rematou a campaña da volandeira na Ría de Arousa.

O 15 de abril e ata o 15 de novembro, terá lugar a campaña da zamburiña na Ría de Ferrol. A zamburiña en Galicia captúrase case na súa totalidade nesta Ría, e é explotada polas confrarías de Ferrol, Mugardos e Barallobre.

O 19 de abril comezou a campaña da vieira en Redondela, que rematará o día 29 deste mes.