Vostede está aquí

Aperturas e peches

Publicado o venres, 04 Xaneiro 2019 09:35
Aperturas e peches

O cinco de xaneiro comeza a veda para nécoras e santiaguiños conforme os períodos autorizados  para a captura de crustáceos en 2019 publicados o pasado 31 de decembro, abrindo de novo o 1 de xullo e o 1 de outubro respectivamente, ata fin de ano.

Por outra banda, o día 1 iniciouse a campaña da lagosta, que poderá ser capturada ata o 30 de setembro.

Compartir en redes sociais