Vostede está aquí

Apertura da volandeira na Ría de Arousa

Publicado o luns, 04 Novembro 2019 13:39
Apertura da volandeira na Ría de Arousa

Hoxe 4 de novembro comezou a campaña da volandeira na Ría de Arousa.

Conforme se establece na resolución que autoriza a súa captura, un total de 53 embarcacións pertencentes ás confrarías de pescadores de Cambados, Rianxo e Ribeira están autorizadas para a súa extracción. O tope de capturas por tripulante é de 50 quilos, cun máximo de 3 tripulantes por embarcación. Os puntos de control, descarga e venta serán nas lonxas de Cambados e Ribeira.

Compartir en redes sociais