Apertura da campaña de libre marisqueo
01/10/2024
Hoxe da comezo a campaña de libre marisqueo na Ría de Arousa. Retómase a actividade nos bancos de Os Lombos do Ulla, Bohído e Cabío.
Os topes establecidos por tripulante e día para as distintas especies son, no caso do Bohído de 2 quilos de berberecho, 3 quilos de ameixa babosa así como de carneiro, 1 quilo de ameixa rubia ao igual que de ameixa bicuda e 0,5 quilos de ameixa fina. En Cabío son cifras idénticas salvo no caso da ameixa babosa que é de 2 quilos, na ameixa rubia que alcanza os 4 quilos, 5 quilos de carneiro e inclúe a extracción de reloxo ata un tope de 25 quilos diarios. Por último, nos Lombos poderase extraer 3 kg de berberecho, 4 quilos de ameixa xaponesa e 0,5 quilos de ameixa fina diarios.
Na Ría de Muros e Noia a campaña arrancará o 14 de outubro.