Apertura da campaña da volandeira na Ría de Arousa

Volandeira

O luns, 2 de novembro, daba comezo a campaña da volandeira (Aequipecten opercularis) na Ría de Arousa para máis de 80 embarcacións que dispoñen de autorización para extraer este molusco bivalvo.

A volandeira captúrase con artes específicas como son o bou de vara e o rastro da vieira. A descarga e primeira venda realízase nas lonxas de Cambados e Rianxo, ambas certificadas polo selo de pescadeRías, ¿de onde se non?. Durante a primeira xornada poxáronse 2884,25 kg en Cambados e 2.471,00 en Rianxo.