Apertura da campaña da vieira
17/01/2018
Hoxe comezou a campaña da vieira. Os primeiros foron barcos de Rianxo e Cambados que descargaron na lonxa de Cambados.
Cando o INTECMAR autoriza a extracción de vieira en determinadas zonas de produción, despois das mostraxes e analíticas correspondentes, esta vieira, unha vez descargada nas lonxas autorizadas en presenza das autoridades sanitarias, é precintada e trasladada a un centro de evisceración autorizado, no que se depurará e a continuación se lle retirará o hepatopáncreas e branquias, quedando a parte comestible, músculo e gónada.