Vostede está aquí

Apertura da anguía na Ría de Vigo

Publicado o mércores, 05 Febreiro 2020 14:04
Apertura da anguía na Ría de Vigo

Publicada a RESOLUCIÓN do 28 de Xaneiro de 2020 pola que se autoriza o plan de pesca da anguía para as confrarías de pescadores da Ría de Vigo. O período autorizado para este ano vai desde o 3 de febreiro ata o 31 de outubro, podendo ser capturada coas artes de nasa para anguía e nasa voitirón.

Para a conservación desta especie, a normativa europea establece que debe ser regulada por plans de xestión para a súa recuperación. Estes deberán permitir que a lo menos o 40% da biomasa de anguías chegue ao mar, asegurando así un número de reprodutores axeitado.

Preme aquí para ver un vídeo.

Compartir en redes sociais