Ano Internacional da Pesca e a Acuicultura Artesanal 2022

PescadeRias

Damos a benvida ao Ano Internacional da Pesca e a Acuicultura Artesanais (AIPAA 2022), declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para recoñecer a millóns de pequenos/as pescadores/as, acuicultores/as e traballadores/as do peixe, que proporcionan alimentos sans e nutritivos a milleiros de millóns de persoas en todo o mundo.

Os obxectivos de celebrar o AIPAA 2022 son dirixir a atención do mundo á función dos pequenos/as produtores artesanais, a erradicación da pobreza e o uso sostible dos recursos naturais. A celebración tamén é unha oportunidade para mellorar o diálogo entre diferentes participantes, fortalecer a asociación dos/as pequenos/as produtores/as entre si e que adquiran visibilidade e sexan escoitados e incluídos na formulación das políticas e na toma de decisións, desde o nivel da comunidade local ata os foros internacionais e mundiais.