Algas certificadas pescadeRías
06/03/2017
O diario Faro de Vigo publica unha reportaxe sobre o aumento da produción de algas en Galicia. A Confraría de Pescadores San José de Cangas e a Confraría da Illa de Arousa comercializan en primeira venda algas certificadas co selo pescadeRías ¿de onde se non? e no ano 2016 acadaron un volume 435 Tm de algas certificadas. Ademais, a empresa Portomuiños está certificada para transformación e pon á venda algas en fresco, deshidratadas e en conserva. Cando compres algas, busca o noso distintivo!
Podes ler a reportaxe completa do Faro de Vigo aquí.