Acto de presentación da nova alianza pescadeRías & pescaenverde
12/07/2018
A lonxa de Portonovo foi o escenario de presentación da ecoetiqueta pescaenverde que vai a acompañar aos produtos certificados pescadeRías, ¿de onde se non?.
Pescaenverde é unha marca creada polo Grupo de Investigación de Biotecnoloxía Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, que aporta información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen sobre o medioambiente, a través de dous indicadores: a pegada de carbono e a taxa de retorno enerxética-TRE
O acto foi presidido pola Conselleira do Mar, Rosa Quintana, o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz e o Patrón Maior da Confraría de Portonovo José Antonio Gomez Castro.
Aquí podes ver un artigo publicado en La Voz de Galicia.