Acto de entrega de certificados da marca pescaenverde

Pesca en verde

O venres, a Lonxa de Ribeira foi o escenario da entrega dos certificados da marca de garantía Pescaenverde ás lonxas certificadas pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?, no marco da alianza entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería do Mar. Recibiron o recoñecemento as confrarías de pescadores de Cabo de Cruz, Cedeira, Ferrol, Pobra do Caramiñal, Vilaxoán e a Lonxa de Ribeira S.L. Con estas seis entidades, son 39 as lonxas e centros de primeira venta que usan as marcas pescadeRías e pescaenverde nas súas etiquetas.

Pescaenverde é unha marca creada polo Grupo de Investigación de Biotecnoloxía Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, que aporta información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen sobre o medioambiente, a través de dous indicadores: a pegada de carbono e a taxa de retorno enerxética-TRE.

O acto foi presidido pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz e a tenente de alcalde do concello de Ribeira, María Sampedro.

https://obarbanza.gal/2021/03/ribeira-acolle-a-entrega-de-certificados-da-marca-pescaenverde-as-lonxas-certificadas-pola-marca-pescaderia/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/ribeira/2021/03/27/productos-mar-saludables-pesca-sostenible/0003_202103B27C4995.htm

https://mar.xunta.gal/gl/nova?id=nova_estandar56639.html