A lonxa de Malpica, xestionada pola Confraría de Pescadores desa localidade certificada en pescadeRías

Lonxa de Malpica

Malpica, 20 de abril, 2013. A lonxa de Malpica acaba de ser certificada para cefalópodos, crustáceos, e peixes na marca de calidade pescadeRías. Esta incorporación vén enriquecer aínda máis o xa amplo catálogo de lonxas de baixura galegas adheridas á marca. Malpica certificará especies tan emblemáticas como polbo, abadexo ou robaliza que a partir de agora irán identificadas co logotipo da marca.