A lonxa de Cangas, xestionada pola Confraría de Pescadores San José certificada en pescadeRías

Lonxa de Cangas

Cangas, Outubro 2012. A lonxa de Cangas vén de superar os procesos de certificación na marca de calidade pescadeRías. Esta lonxa, pola calidade dos produtos que comercializa, supón un importante pulo para a marca. Xa está habilitada para bivalvos, equinodermos, cefalópodos, crustáceos e peixes, polo que a partir de agora poderemos atopar navallas, percebes ou linguados capturados por mariñeiros desta confraría baixo o logo da marca de calidade.