A Confraría de Pescadores "San Bartolomé" de Noia nova depuradora certificada pescadeRías

Depuradora Noia

Noia, 18 de febreiro de 2013. A Confraría de Pescadores "San Bartolomé" de Noia amplía a súa actividade e o compromiso coa marca de calidade pescadeRías obtendo a certificación para as instalacións da súa depuradora. Dende hoxe a Depuradora da Confraría de Noia poderá comercializar produto etiquetado como pescadeRías.