4º CONGRESO DA REDE ESPAÑOLA DE MULLERES NO SECTOR PESQUEIRO

Conselleira con homeaxeadas

O Palacio da Magdalena, en Santander, foi a sé do 4º Congreso Nacional da Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro os días 26 e 27 de marzo. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, organizador do evento en colaboración co Goberno de Cantabria, titulou a edición deste ano: ”Mulleres no sector pesqueiro e acuícola: as grandes protagonistas”. O Congreso, cunha ampla participación de asistentes, contou, como é habitual, con conferencias, talleres e debates entre os distintos colectivos de mulleres do sector, a Administración Pública e empresas. Entre as mulleres que recibiron o recoñecemento na sección “Historia dunha vida na pesca”, atopábanse dúas galegas: Alicia Rodríguez Pérez, mariscadora de Moaña e Manuela Parada Rei, redeira de Porto do Son. Unha emotiva homenaxe a aquelas mulleres que dedicaron toda a súa vida ao mar.