14.000 seguidores en Facebook
02/12/2024
Acabamos de chegar aos 14.000 seguidores na páxina de Facebook da marca pescadeRías de onde se non?
As redes sociais da marca buscan ser un escaparate para dar a coñecer os produtos do mar procedentes da pesca artesanal galega e fomentar o seu consumo. Isto inclúe unha ampla variedade de temáticas: desde as técnicas de extracción e captura, as especies de peixes e mariscos locais, as prácticas responsables de pesca, ata a comercialización, etiquetado, trazabilidade, seguridade alimentaria e puntos de venda. Tamén promovemos a visibilidade das empresas e entidades que apostan pola pesca local e artesanal.
Desde pescadeRías de onde se non? queremos agradecer a colaboración de todas as persoas que contribúen a este obxectivo. Isto non sería posible sen os profesionais do mar, cociñeiros e cociñeiras, consumidores/as e amantes do mar que nos acompañan cada día.
Moitas grazas!