12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu – FICBUEU2019

12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu – FICBUEU2019

Este sábado 14 de setembro, acompañaremos a directores/as e críticos/as do cinema de varios países participantes no 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu – FICBUEU 2019, durante a actividade Descubrindo as excelencias do noso mar con pescadeRías, ¿de onde se non?, na cal visitarán o peirao, a lonxa e a praza de abastos, e asistirán a unha mostra de cociña en directo con degustación de produtos do mar certificados.