FacebookTwitter

Conservas Los Peperetes

Conservas Los Peperetes

A orixe da empresa remóntase en 1990 cando Don Jesús Lorenzo funda a conserveira. En 1993, a familia Lorenzo Paz funda a actual JELOPA S.L. propietaria da marca LOS PEPERETES.

O seu obxectivo era ambicioso: elaborar as mellores conservas cos produtos máis exquisitos das Rías Galegas; introducir no mercado unha marca exclusiva, de altísima calidade e produción artesanal limitada. En canto á clientela potencial, destacan aqueles cuxo padal está afeito aos mellores sabores, sen excluír aos que queiran descubrir por primeira vez os tesouros culinarios da Ría de Arousa.

Nacen así LOS PEPERETES, unha marca innovadora, prestixiosa e elaborada a diario con todo o agarimo da produción artesanal.

A selección e manufactura do marisco é a base fundamental do seu proceso, e é tamén a sinxela fórmula para conseguir o seu obxectivo: ofrecer á súa clientela as mellores conservas de Galicia.

A calidade dos seus produtos é a súa principal misión. Para iso, a súa actividade produtiva comeza cunha coidada SELECCIÓN, onde só teñen cabida os mellores peixes e mariscos das nosas Rías Baixas. A continuación, realízase o TRATAMENTO, un aspecto de vital importancia, que leva a cabo de forma meticulosa e artesanal grazas a que o volume produtivo é relativamente pequeno.

Por último, co obxectivo de certificar que o resultado do proceso é o mellor, lévase a cabo un estrito e detallado CONTROL DE CALIDADE, tanto das materias primas como do proceso de fabricación. Dentro do devandito proceso prestan especial atención ao control de incubación, peche e esterilización dos envases, deixando constancia nos arquivos da empresa.