FacebookTwitter

Conservera Gallega, S.A.

Conservera Gallega, S.A. (online)

Conservera Gallega, S.A. envasa os seus produtos baixo as marcas Paco Lafuente e Rosa Lafuente.

Nas súas instalacións en Vilanova de Arousa, á beira da ría que lle da nome, envasan os produtos procedentes da costa e Rías Galegas.

Elaboran as súas conservas de xeito tradicional, seleccionando e empacando artesanalmente, sen agregar produto químico algún, xa que o proceso de esterilización é máis que suficiente garantía de seguridade, e o resto de características proceden exclusivamente das materias primas utilizadas. Para elo traballan con produtos de máxima calidade.