FacebookTwitter

Parador de Monforte de Lemos

Parador de Monforte de Lemos

Na parte máis alta da vila de Monforte de Lemos está situado o Conxunto Monumental de San Vicente do Piñeiro formado pola Torre de Homenaxe, o Mosteiro de San Vicente do Piñeiro e o Palacio dos Condes de Lemos, incluíndo estes dous últimos as instalacións do Parador de Monforte.

A orixe do mosteiro data do século IX, aínda que o edificio actual que substitúe a outra construción anterior construíuse no século XVII en estilo neoclásico. O edificio do mosteiro conta cun claustro central neoclásico de cantaría moi ben labrada, e que ofrece o maior interese arquitectónico do monumento.

O mosteiro converteuse agora, tras a súa restauración nun Hotel con 50 Habitacións, distribuídas ao redor do claustro central e un edificio anexo denominado "Casa do Monte forte", con capacidade total para 100 prazas.