Restaurante As Garzas

- Restaurante As Garzas
-
Puerto de Barizo
15113 Malpica de Bergantiños (A Coruña) - 981721765
- 981720605
- info@asgarzas.com
- http://www.asgarzas.com
O interior, sobrio e acolledor sorprende ao viaxeiro cunha benvida á que contribúe o persoal de sala, as súas amplas e folgadas mesas con manteis de liño e unha elegante selección de cristalería e vaixela.
E continua o viaxeiro na súa sorpresa ao comprobar que a carta que se lle ofrece contén, non só os consabidos mariscos e pratos típicos da zona, senón tamén pratos que supoñen incursións a unha cociña mais moderna, elaborados todos eles cun factor común: primorosa selección da súa materia prima nas lonxas e mercados próximos, e coidada cocción na súa elaboración.
Non debe o viaxeiro esquecer en ningún momento, que todos os peixes e mariscos que aquí se ofrecen como "rexionais", proceden exclusivamente do mercado Galego.
Sabendo que a familia rexentou un exitoso restaurante na costa Alacantina, non debe estrañarnos que unha das súas especialidades sexa precisamente o arroz, elaborado tanto con produtos do mar como da horta ou o curral.