Restaurante DeLito

- Restaurante DeLito
-
Rúa de San Pedro, 26
15703 Santiago de Compostela (A Coruña) - 604017469
- joelrestaurantedelito@gmail.com
- https://restaurantedelito.com/
Situado en Santiago de Compostela, o restaurante DeLito defínese como un espazo de cultura gastronómica, con produtos da terra e do mar nun único lugar e apostando polos mellores estándares de calidade tanto nas súas elaboracións da carta como no trato coa clientela.
Traballan con peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal que adquiren nas lonxas galegas ou a provedores locais adheridos á marca da praza de abastos de Santiago de Compostela.