FacebookTwitter

INDOeVINDO Espazo Gastronómico

INDOeVINDO Espazo Gastronómico

Detrás da denominación "INDOeVINDO. Gastronomía, s.l." atópase un equipo formado por Rocío Garrido, Coque Fariña e Fran Jamardo, profesionais da cociña con experiencia na realización de eventos, talleres, showcookings, catas, etc., que despois de levar anos cociñando e realizando eventos gastronómicos xuntos por toda Galicia deciden ter un espazo físico onde seguir dando formación tanto ao público xeral como á canle Horeca.

O local é un espazo versátil, onde tanto imparten talleres na súa cociña industrial como realizan catas, exposicións e eventos gastronómicos nas súas dúas salas e terraza posterior.