Casa Acuña

- Casa Acuña
-
O Curro 11-12. Ila de Ons
36930 Bueu (Pontevedra) - 986441678
- https://www.isladeons.net/es/restaurante/
Casa Acuña, é un espazo gastronómico con encanto nunha contorna incomparable, na Illa de Ons.
O Restaurante Casa Acuña da Illa de Ons fundouse en 1945 por Jesús Acuña.
Centro de reunión por excelencia da Illa de Ons para con todos os seus mariñeiros.
A súa cociña, experta en polbo e caldeiradas, foi premiada con varios galardóns: Un 1º en preparación de polbo na festa gastronómica de Bueu, ou o galardón honorífico de Mellor Pulpeira de Galicia tras gañar o III Concurso de Pulpeiras de Santiago en 2012.
Ofrécese Produto fresco, da Ría, elaboración sinxela baseada na gastronomía local en que a calidade é selo distintivo.
En casa Acuña tamén se degustan outros pratos típicos galegos, acompañados dos seus mellores viños. Todos os produtos son frescos, das Rías Baixas: o polbo, os mariscos e os peixes...
O estilo da cociña é 100% caseira e moi preocupada pola calidade. A diario prepárase un prato tradicional insular para todo o comedor. Ten dous comedores con capacidade para 200 persoas. Ideal para celebracións especiais : vodas, aniversarios, bautizos.