FacebookTwitter

Restaurante Casa Barqueiro

Restaurante Casa Barqueiro

Casa Barqueiro é un restaurante familiar desde o 2001 situado en Negreira en pleno camiño de Santiago a Fisterra.

Xestionado e traballado polos irmáns Rial Romarís, durante os últimos 7 anos celebra eventos gastronómicos apoiados por varios chefs de renome internacional.

Cociña sinxela, de pratos tradicionais con ingredientes frescos e produtos de tempada, materia prima de primeira calidade do mar e a terra. Coñecidos polo chuletón á pedra, marisco e peixe fresco e a súa famosa torta de queixo caseira.

Un lugar para gozar dun bo viño e racións tanto no bar como na terraza. Ou dunha comida no ambiente familiar e acolledor do seu salón comedor. Salón comedor desde o cal poderedes apreciar a súa ampla adega con viños de distintas procedencias.