FacebookTwitter

Fogar do Santiso (Teo)

Fogar do Santiso (Teo)

Fogar do Santiso Granxa Museo abriu as portas no 1996 poñendo en valor a nosa cultura popular, as tradicións e a gastronomía creando un novo modelo para o rural.

A restauración foi o seu medio para chegar ás conciencias e para cultivar o arraigo na nosa identidade galega en milleiros de persoas, deixando en herdanza un sentimento mais comprometido co patrimonio inmaterial.