FacebookTwitter

Restaurante Quijote

Restaurante de clásica decoración e servizo, onde atopará unha cociña tradicional especializada nos peixes e mariscos locais traídos directamente dende a Praza de Abastos de Santiago de Compostela.

O produto elabórase segundo as receitas caseiras da cociña galega intentando manter os sabores "da avoa" que traen recordos de cando a cociña era sempre "slow food".