O Camiño do Inglés

- O Camiño do Inglés
-
Rúa Espartero 77 - 79
15401 Ferrol (A Coruña) - 981352090
- ocaminodoingles@hotmail.com
- http://www.instagram.com/ocaminodoingles/
No barrio de Ferrol Vello, situado a escasos metros do porto, Daniel López levantou o seu novo e flamante restaurante. O Camiño do Inglés, está formando por un equipo de oito profesionais (a maioría formados no próximo I.E.S. Fraga do Eume) levando a cabo a súa habitual proposta de cociña de mercado, enxalzada por un novo escenario, deseñado para o goce de residentes e visitantes.
Dita proposta áchase enmarcada nunha carta cambiante, desposuída de todo corpiño, deixando reinar a estacionalidade e a espontaneidade. É así, como aos poucos, comezan a brotar novas ideas ao redor de pratos con identidade propia, escoltados dunha adega cada vez máis sólida. O obxectivo albíscase con claridade; harmonizar cociña, sala & sumillería para lograr seducir, gozar e coroar unha grande experiencia.