FacebookTwitter

Salgadoiro Gastroteca

Salgadoiro Gastroteca

O Salgadoiro Gastroteca é un proxecto promovido por un grupo de xente nova que intenta ofrecer un tipo de gastronomía diferente en Portonovo, intentando sempre dar prioridade ao produto galego de tempada. Para isto varían a súa carta de dúas a catro veces ao ano, e compleméntana con menús especiais e xornadas dedicadas a produtos concretos.

Conta cunha parte de comedor e outra destinada a tapeo e viños.