FacebookTwitter

A Tafona. Casa de Xantar

A Tafona. Casa de Xantar
  • A Tafona. Casa de Xantar
  • Rúa da Virxe da Cerca, 7 15703 Santiago de Compostela A Coruña
  • 981562314
  • www.restauranteatafona.com

Céntrico restaurante situado nun edificio nobre do ano 1920 no casco histórico de Santiago de Compostela e rehabilitado no ano 2004, preto do Mercado de Abastos da Porta do Camiño, entrada dos peregrinos do Camiño Francés a Santiago.

A carta da Tafona ofrece unha cociña tradicional con toques de vangarda, na que prima, ao máximo, a calidade e frescura dos produtos que diariamente chegan ao mercado de abastos de Santiago.