Restaurante A Horta do Obradoiro

- Restaurante A Horta do Obradoiro
-
Rúa Das Hortas 16
15705 Santiago de Compostela (A Coruña) - 881031375
- ahortadoobradoiro@gmail.com
- http://www.ahortadoobradoiro.com
Nun escenario realmente singular, ocupa un edificio do século XVI moi preto da catedral compostelán. Ofrece unha cocina ben elaborada e a prezos módicos nun ambiente agradable, no que sobresae o singular invernadoiro. Kike Piñeiro e Eloy Cancela amosan unha extraordinaria enerxía para apostar por unha cociña poderosa que bebe da tradición galega.
A súa cociña sempre aposta pola sinxeleza, primando o produto de proximidade, onde convive a cociña de raíces galegas coa visión actual do mundo. A Horta do Obradoiro presenta unha carta fixa e outra reducida de tempada, con moitas propostas fóra de carta, segundo os produtos que atopen a diario na lonxa e no mercado.