Mastocarpus stellatus

Talo de ata 15 centímetros, de cor vermella escura e consistencia cartilaxinosa. Fíxase mediante un disco basal do que parten estipes cilíndricos que se ensanchan dando lugar a unha lámina acanalada. A fronde divídese irregularmente de xeito dicotómico. Forma unha cintura de vexetación ben definida no litoral medio de costas semiexpostas. Utilizada industrialmente para a obtención de carraxén. Ten propiedades antibacterianas e abranda a tos.
Details of species
- FAO code: MVT
- Scientific name:Mastocarpus stellatus
- Galician name: Mastocarpus stellatus
- Spanish name: Mastocarpus stellatus
- Biological group: Algas