FacebookTwitter

Lomentaria articulata

Lomentaria articulata Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Talo de ata 20 centímetros, de cor vermella viva cristalina e consistencia débil e membranosa. Fíxase por un disco basal do que parten eixos tubulares con constricións. Estes eixos ramifícanse irregularmente de xeito dicotómico. Atópase sobre rochas inclinadas ou epífita do litoral medio ao infralitoral en costas expostas ou semiexpostas. Contén sustancias de natureza vitamínica e presenta actividade antibacteriana.

Details of species

  • FAO code: Z22
  • Scientific name:Lomentaria articulata
  • Galician name: Lomentaria articulata
  • Spanish name: Lomentaria articulata
  • Biological group: Algas