FacebookTwitter

Sloke slake

Sloke slake

Alga vermella de talo laminar aínda que, debido a súa escasa consistencia, durante a baixamar, queda formando cintas. É translúcida e mucosa ao tacto, redondeada e de contorno ondulado. Pode alcanzar os 40 centímetros e presenta tonalidades variadas, desde rosa-violácea ata gris-verdosa. Únese ao substrato mediante un disco situado na parte central, que lembra un embigo, de aí o nome de umbilicalis.

As láminas pódense ver desde o inverno ata o verán. Nas épocas iluminadas e con temperaturas suaves, como acontece en primavera, alcanza o maior desenvolvemento para máis adiante perder cor e morrer por exceso de insolación e temperatura. Vive epífita sobre o mexillón ou en rochas de costas batidas pero tamén aparece na zona do intermareal medio. A súa recolección realízase manualmente nas baixamares, recollendo sempre individuos sans, limpos de area e de boa cor. Desta maneira facilítase o seu procesado e se conservan as mellores propiedades do produto.

Posúe un alto contido en proteínas, ferro, fósforo e vitaminas A, B, C e niacina. Polo seu intenso sabor a mar e excepcionais calidades nutritivas e culinarias, é unha das algas que máis se consume no mundo.

Na cociña pódese presentar ao natural, aliñada en ensaladas, ao forno como aperitivo, triturada para condimento ou cociñada para diferentes preparacións como arroces, empanadas ou cremas, entre outros. O tempo de cocción é duns 5 minutos. No caso de hidratala previamente, o tempo necesario serán 5 minutos.

Details of species

  • FAO code: FYS
  • Scientific name:Porphyra umbilicalis
  • Galician name: Touca
  • Spanish name: Nori
  • Biological group: Algas