Xa temos os resultados do Sorteo con Sabor a Mar

pescadeRias

Eva P. G (en Facebook) e @xanaalv (en Instagram) son as gañadoras do noso Sorteo con Sabor a Mar. Recibirán cadanseu lote de agasallos exclusivos da marca pescadeRías de onde se non? e da campaña Galicia sabe amar.

O premio inclúe cunca, mandil, paraugas plegable, calcetíns, bolsa de alimentos, táboa de cociña, libro de receitas con conservas, báscula, paleta, fiambreira e pano de cociña.

Porémonos en contacto por mensaxe privada para xestionar a entrega do premio.

Grazas a todas as persoas que participastes e apoiades diariamente a pesca artesanal galega!