Xa podes descargar a aplicación móbil –app- de pescadeRías!!

Xa podes descargar a aplicación móbil –app- de pescadeRías!!

Queremos presentarvos a nova APP da marca pescadeRías, ¿de onde se non?, unha aplicación móbil oficial da Consellería do Mar que proporciona información ás persoas consumidoras sobre a marca e os produtos certificados e os establecementos onde poden adquirilos ou consumilos, entre outras cuestións. Ademais, a aplicación incorpora un sistema de xeorreferenciación que permite localizar os diferentes axentes usuarios e adheridos da marca nun mapa.

A aplicación desenvolveuse para smartphones co sistema Android e IOS e está dispoñible en galego e en castelán. Na actualidade, pódese descargar desde Google Play para dispositivos Android e en breve estará dispoñible para dispositivos IOS.

 

Entre outras utilidades prácticas, a súa descarga permitirá: Coñecer que é pescadeRías, as novas relacionadas coa marca, consultar que produtos ampara a marca, onde atopalos e receitas para preparalos, así como as empresas certificadas e os minoristas, restaurantes e tendas online adheridas. A aplicación dispón dun lector de código QR que permite escanear o código de barras da etiqueta do produto pescadeRías e amosar a información no dispositivo móbil.