Xa está dispoñible o boletín de novas de marzo

pescadeRias

Informamos do avance do etiquetado individual de peixe, que segue gañando presenza nas lonxas galegas, e da proxección internacional do sector coa participación en feiras clave como Foodex Xapón, Seafood Expo North America ou Alimentaria Barcelona.

Neste número tamén damos a benvida a novas entidades certificadas e restaurantes adheridos, repasamos as últimas certificacións e achegámonos a iniciativas de formación e divulgación. Ademais, coñecemos á nova integrante da Tripulación pescadeRías, descubrimos a especie do mes e propoñemos contidos de actualidade, investigación e gastronomía.

Un resumo completo da actividade do sector e da marca ao longo do mes.

Podes lelo aquí.

Se queres recibir o boletín no teu correo electrónico cada mes, subscríbete aquí.