A vieira e a economía circular

Vieira

A economía circular baséase na evolución do concepto tradicional das 3 R (reducir, reutilizar e reciclar) a un sistema multi- R (repensar, redeseñar, redistribuír, recuperar, reparar…) buscando un ciclo de utilización continuo dos recursos.

O consumo tradicional da vieira permitiu explorar unha infinidade de aplicacións: Instrumento musical, cinceiro, envase para cociñar, enmenda ao solo, utensilio para beber ou material de construción.

Se se compara o seu contido proteico e pegada de carbono con diferentes grupos de alimentos, a vieira atópase situada entre aqueles que achegan unha maior cantidade de proteína pero cunha menor pegada de carbono. Preme aquí para ver o artigo de Gumersindo Feijoó, catedrático de enxeñería química na Universidade de Santiago de Compostela.