Tripulación pescadeRías de onde se non?: María Maceiras

pescadeRias

Como anunciamos no pasado boletín, vimos de estrear nas redes sociais da marca a sección «Tripulación pescadeRías de onde se non?», unha serie de entrevistas cos verdadeiros protagonistas da pesca artesanal galega.

No primeiro capítulo falamos con María Maceiras, mariscadora e divulgadora, que nos contou a súa experiencia no mundo do mar e nas redes sociais. Descubre como combina tradición, sustentabilidade e innovación na súa paixón polo mar.

Podes ver o vídeo aquí.